Monday 06 de May de 2024

A Deputación aproba unha declaración institucional en defensa do pobo Palestino


A proposta de Alternativa dos Veciños, o pleno da Deputación da Coruña acordou por unanimidade unha declaración contra a violación dos dereitos humanos que se está a cometer contra a poboación civil en Palestina. Alternativa presentou unha moción que se converteu nunha declaración institucional ao admitir as modificacións propostas polo PP, PSOE e BNG.

A declaración insta á paralización dos bombardeos na Franxa de Gaza e á liberación dos presos palestinos e os israelís retidos por Hamás, solicitando a mediación do Goberno de España ante o Goberno de Israel.